| TEMA A temática é libre. Así pois, invitámosvos a que deixedes voar a vosa imaxinación e sensibilidade e que participedes. CATEGORÍAS Tres categorías: Grupo A: de 7 a 11 anos MODALIDADE Relato ou conto breve. Máximo tres folios por unha cara, mínimo un, para relatos escritos a máquina. Para os traballos manuscritos o máximo será de cinco e o mínimo de tres. NORMATIVA A.- Cada participante poderá presentar un só traballo inédito, en Lingua Galega. Valorarase que os relatos estean escritos a máquina, se isto non fose posible a letra manuscrita deberá ser lexible. O formato de papel deberá ser DIN A4. B.- Nos escritos non deberá figurar o nome do/a autor/a, é necesario que veñan anónimos. Os relatos deben de vir paxinados e levar unha portada na que apareza o título do mesmo e a categoría á cal pertencen. C.- Acompañando ó relato e dentro dun sobre pechado, no cal apareza no exterior o título da obra e a categoría, introduciranse os datos persoais do/a autor/a. Moi importante indicar o enderezo e un número de teléfono de contacto. D.- Os traballos podedes envialos ó seguinte enderezo:
Tamén se poderán entregar en persoa na Sociedade de Agricultores do Viso, os sábados en horario de 17:00 a 20:30. Nota: Se tes algunha dúbida podes contactar connosco no seguinte número de teléfono: 656 938 058 ou ben, enviándonos un e-mail á seguinte dirección: acviso@lycos.es XURADO O xurado estará constituído por seis integrantes da Directiva da Asociación Cultural Santa María do Viso. PRAZO DE ENTREGA A data límite de recepción é o 8 de decembro de 2007. PREMIOS Para cada unha das categorías establécense 1º e 2º Premio de Relato, o que fai un total de seis premios. Cada un dos premios estará formado por un lote de libros en lingua galega e o correspondente título acreditativo. Non se descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro. A entrega de premios será o sábado 22 de decembro na Sociedade de Agricultores do Viso (Bº Tuimil, 63).
NOTA: A participación neste Certame Literario supón a aceptación íntegra destas bases, así como a aceptación da decisión do xurado, que será inapelable. |