Comezou
as súas andanzas na escola de "Lembranzas Galegas",
máis coñecida como "Vagalume" ós
3 anos de idade sempre da man de Emilio Sotelino.
Moi
cedo, ós 8 anos comezará a viaxar co grupo "Lembranzas
Galegas" como compoñente do grupo de gaitas tocando
a pandeireta, pasando a formar parte do cadro de baile poucos anos despois,e
é por iso polo que dende moi pequeno ven ollando a dinámica
dun grupo e o xeito de sacarlle o máximo rendemento.
Será
ós 19 anos cando comeza a súa actividade como mestre da
"Asociación Cear Castromao" de Mondariz, na
que aínda hoxe segue impartindo clases, compaxinándoas
con clases nos colexios públicos de Vilar (Concello de Mondariz)
e Mondariz Balneario.