Manuel Cruces
|
||
|
(1975) Iníciase no mundo da gaita con Manuel Solla na A.V.C.D. de Lavadores, no grupo "Frores Novas". En 1990 comeza a tocar no grupo de gaitas "Airiños Galegos". Grupo homexaneado en 1996 na Homenaze ó Gaiteiro, pola longa e representativa vida dentro da música tradicional galega. No 1992 dirixe o grupo de gaitas da rondalla "As Zoquiñas" do Carballal, acadando un segundo premio no concurso de rondallas de Redondela e un terceiro no Certame de Rondallas de Vigo. Colabora no 1996 coa Agrupación Folclórica "Xalgarete", para participar nos festivais OpRoakeldais Internationaal Flokloristich Dansfestival de Warfüm e no International Folklore de Holten (Holanda). |
![]() |
|
|
Forma o grupo de música tradicional "Cerne". En 1997 toca co grupo folk bretón "Kern", destacando o festival D`juis du Port de Brest (Bretaña Francesa) e no Festival de Ortigueira. Participa no documental sobre a gaita "The World Pipe" para a T.V. de New Zeland gravado no Piping Center de Glasgow. No 1998 funda o grupo folk "Lugnasad", e en 1999 comeza con "Xans" grupo folk co que toca actualmente. Traballa no Projecto Gz, música tradicional interpretada con gaita e acordeón. Comeza a dar clases na A.V.V. de Fragoso en 1993, imaprtindo logo na A.C. de Chapela, e en Saiáns onde forma ao grupo "Sateira", en Lavadores ao grupo "Os Meigallos" e na Asociación de Castrelos ao grupo de gaitas "Semilieiro". Actualmente imparte clases ao Grupo de Gaitas de San Pedro de Cea (Vilagarcía) e Os Gaiteiros Terra Meiga do Viso (Redondela). |
||