|
A Asociación Cultural Santa María do Viso, en maio, mes da música, cultura e artes galegas, organiza a Festa da Primavera. Esta é unha velada musical onde se fai unha pequena mostra da diversidade musical do Concello, buscando sempre que a xente se una á festa e remate bailando e cantando cos artistas. A edición 2007 deste evento celebrarase o sábado 5 de maio a partir das 19 h na parroquia do Viso, xunto o campo de fúltbol. Contarase coa participación de: PANDERETEIRAS TERRA MEIGA BAILE MODERNO DE VILAR BANDA DE MÚSICA DE REDONDELA Este actividade,
enmárcase dentro do Convenio Interparroquial da Concellería
de Cultura de Redondela. |
![]() |