|
A Asociación Cultural Santa María do Viso, que xestiona a Agrupación Folclórica, foi fundada no ano 1987 recollendo as inquedanzas dos mozos e da xente de O Viso, no Concello de Redondela, para recuperar e difundir a cultura, os bailes e a música da nosa terra. A nosa asociación está integrada por unhas 60 persoas e unha chea de pais e nais, así como diversos colaboradores que nos animan a seguir adiante. Anualmente celebramos festivais folclóricos, organizamos excursións para dar a coñecer diversos aspectos da xeografía e a cultura galega, levamos a cabo festivais, colaboramos nas festas tradicionais e eventos populares no pobo. A
Agrupación Folclórica Terra Meiga consta na actualidade
das seguintes seccións artísticas:
Todas
estas formacións actúan conxunta ou individualmente en
todo tipo de actos culturais, folclóricos e festas populares
que requiran da súa presencia. As actuacións abarcan principalmente
a toda a comarca de Redondela e ós concellos limítrofes,
sendo nos últimos anos requirida a súa presencia en diversos
puntos da xeografía galega (Caldas, Carballiño, Meaño,
...), así como en diversas vilas de Portugal e do resto de España
(Salamanca, Fuenlabrada, ...). |
| < | 1 2 | > |