Nas
nosas actuacións empregamos diferentes instrumentos tradicionais
de Galicia, a maioría por todos coñecidos. O instrumento
de vento galego por escelencia é a gaita,
que basicamente está composto dun fol de coiro ou gore-tex,
un vestido para o fol, un ronco que dá unha única
nota acompañando á melodía, o punteiro que
é a parte que fai esa melodía e nalgúns casos
a ronqueta e o chillón.
Como
instrumentos percutivos para complementar á melodía
empréganse:
|
|
O
tamboril, que consiste nun cilindro de madeira alongado,
no que as bases están cubertas por dous parches de pel axustados
mediante aros que se unen entre si por unha corda tensada dun a outro
alternativamente. Estes poden ter bordóns de tripa, tanto no
superior como no inferior. Tócase pendurado da cintura e tánxese
con dúas baquetas de madeira collidas de distinto xeito con cada
man.
O
bombo, que é un tambor cilíndrico de grandes
dimensións que se caracteriza pola ausencia de bordóns
e, polo tanto, cando é tanxido, as súas peles vibran libremente
cunha sonoridade profunda e difusa.
A
pandeireta, que consiste nun aro de madeira circular
con dúas filas de ferreñas (círculos cortados de
folla de lata e agrupados de dous en dous), que se distribúen
ó longo do aro, alternadas, e soan nas pequenas aberturas cando
a pandeireta é golpeada, percutida, ou sacudida. Un dos lados
está cuberto por un parche de pel tensa.
Moitas
veces acompañando ás voces fanse uso de utensilios
cotiás para levar diferentes ritmos como é o caso
das piñas, que raspando unha contra outra marcan perfectamente
ritmo da cantiga que se interpreta. As latas de pementón
de gran tamaño, tocada sentada e batendo nela contra coas
dúas mans e amaprándoa co peito tamén foi
un útil moi empregado polas antigas cantareiras, xa que
supuxo unha maneira económica de obter un instrumento percutivo
que acompañase á cantiga. O mesmo pasa cos platos
de lata e os dedais que cunha man amárase o prato e tócase
o cú igual ca unha pandeireta, pero neste caso os dedos
van cubertos de dedais que fan posible a peculiar sonoridade deste
instrumento. |
|