FESTA DA NOSA SEÑORA DAS DORES
![]() |
![]() |
Festa que se realiza honra da virxe das Dores na primeira fin de semana de Setembro. Durante estos días no barrio da Teixeira vívese con fervor esta festa e a música e as reunións familiares son habituais.
Nestes tres días de festa todalas noites se pode desfrutar da música das mellores orquestras de Galicia. É habitual tamén o sábado os pasarrúas de diversos grupos tradicionais polos barrios do Viso, así como a tradicional procesión do domingo. Esta transcorre atravesando o pobo de punta a punta e vai acompañado de gaiteiros e máis dunha banda de música. A continuación realízase a misa solemne e unha ofrenda floral ós veciños do pobo xa desaparecidos.
Pretenden ser estos tres días unha festa continua e animada onde todo vixitante será ben vido e poderá disfrutar cunha das mellores festas dos arredores.