Festa que se realiza honra de San Blas o día
3 de Febreiro. Durante esta festa teremos oportunidade de asistir
á procesión na honra deste santo e pola noite a unha
berbena que se realiza xunto a igrexa parroquial do Viso.
Nesta data tamén se realiza un acto singular
e tradicional deste pobo. Unha burra cun carro adícase a
percorrer todo o pobo levando viño e rosquillas que ofrece
a tódolas persoas que se atopa polo camiño.