Fins e actividades da Asociación:

a) Obter información sobre a música, danzas, cantigas e outras manifestacións da cultura galega, divulgando o máis positivo de dita información e fomentando a práctica das manifestacións máis relevantes.

b) Divulgar a lingua galega en distintos ámbitos da sociedade. Fomentarase o seu uso empregándoa na documentación e actividades privadas e públicas da asociación.

c) Xestionar e dirixir as actividades e actuacións da agrupación de baile e música tradicional da asociación, con nome artístico “Agrupación Folclórica Terra Meiga do Viso”.

d) Favorecer o nacemento de iniciativas e estudio no seo da Asociación, tanto a nivel individual como colectivo, e á participación ordenada e eficiente dos seus membros.

e) A Asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.

f) Realizar actividades destinadas á xuventude para dar satisfacción ás inquedanzas deste colectivo así como fomentar súa participación activa na sociedade.

 Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet