|
Sugondo a zona de onde proceda o traxe tanto masculino como da muller, este pode variar enormemente. O uso que se faga na vida cotiá tamén determinan a súa feitura, así como a calidade das telas con que se elaboraban. Hainos de gala, de media gala, de faena e específicos para diversas celebracións.
Basicamente o traxe de muller está composto por: Camisa. Constitúe a primeira peza de roupa interior; podían ser de varios xéneros, pero, fundamentalmente, eran de liño e estopa. Enagua. É unha saia especial de xénero polo xeneral branco e con voo tan grande que pode considerarse esaxerado e moi adornada con encaixes de Camariñas ou puntillas de fabricación caseira. Saia. É a peza de roupa que a muller pon como vestido exterior que suxeita na cintura e chega ata mais abaixo dos xeonllos. Refaixo. Feito de baeta e empregábano as nosas campesiñas para o abrigo e tamén para o exterior e neste caso soe levar na parte inferior unha franxa de veludo. Non é máis que unha saia que poñía a muller enriba da enagua. Era, polo xeneral, de cor vermello ou amarela. Mantelo. É unha prenda de lucimento, en forma de mandil, que acada o bo dunha saia só que aberto por atrás e non substitúe nunca ó mandil. Mandil. Empregado polas mulleres por enriba da saia ou do mantelo. Átase por atrás coas dúas cintas que saen da cinturilla, as trenzas do mandil, que en mandís de festa son dúas cintas bastante longas que permiten formar un vistoso lazo coas cintas caíndo polo espalda. Medias. Eran de uso xeneral e facíanse de liño, elixindo sempre o máis branco, e de la para as épocas de frío principalmente na Galicia montañosa. Ademais das medias de fío, la e algodón, hainas de seda branca e bordadas, outras de cor gris, son frecuentes as lisas de seda branca, ou negras. Dengue. É unha pequena capa que cobre o espalda ata a cintura, prolóngase para cruzala por diante en dous minguantes que fan as puntas estreitas, entre oito e seis centímetros, e redondeadas, rematando o peche en un ou dous broches de prata branca ou dourada ou doutro metal, no espalda á altura do talle. Corpiño. Consistía nun a modo de chaquetiña sen mangas, moi cinguido, con escote redondo ou cadrado, moi amplio por diante; por detrás chega a tres dedos do pescozo, xa en cadrado, xa en redondo. Chaquetillas. Veñen sendo corpiños con mangas. Tamén eran cinguidas ó corpo, agás na comarca de Mazaricos, na que eran frouxas, cerrando dende o colo con moitos botóns, e tendo unha tira no canto de lapelas, coma as chaquetas de home.Pañuelos. Que poden ser de catro clases: pano da cabeza, pano do pescozo, pano de cubrir ou mantón e pano das mans ou pano das narices. Cinta de pelo. O peiteado da muller era en xeral de raia ó medio e o pelo en dúas bandas para recollelo en dúas trenzas. Poucas veces o peiteaba cara atrás e facían unha soa trenza. O moño aparece moito máis tarde cunha moda curiosa. Facían un rodete e encasquetábanlle un sombreiro. Pero o xeral eran as trenzas que podían facelas caer polo peito ou polo espalda. A moda unificou as trenzas e deixou a raia pero o pelo reuníase nunha trenza que daba motivo de presunción canto máis longa era. Sombreiro. Existen diferentes tipos de sombreiros. No noso caso empregamos o sombreiro de veludo típico da zona de Tui colocado sobre o pano e levaba un adorno dunha pluma pequena suxeita cun broche de acibeche, prata ou coral.
No caso do home, o traxe tradicional componse de: Camisa. É de liño ou la e tamén de estopilla. Predominaba a cor branca, pero habías doutras cores. A feitura era do máis sinxelo; reducíase a coser en forma de saco a tea correspondente, deixando unha pequena apertura na parte dianteira e poñéndolle un pequeno pescozo e pechábase con tres botóns ou con dous. Chaleque. É de panilla, veludo, baeta verde, vermella ou amarela, segundo a cor doutras pezas do traxe. O chaleque pode levar pescozo alto e solapas en pico de regular tamaño, máis ben moi amplío ou pescozo baixo e solapas en pico pero máis curtas. Chaqueta. Soia ser de pana, de distintas cores, con lapela pequena e botóns metálicos en dúas liña, unha a cada lado, e tamén na bocamanga. Posteriormente as lapelas, os bordes dos petos e a parte baixa da chaqueta adornáronse con veludo,ou pana sen raiar. Tiña o pescozo alto ou volteado e solapa pequena e a chaqueta de festa sempre tiña o pescozo alto e bordado e o mesmo reforzo cos petos. Cirolas. Era un pequeno calzón e un pouco máis longo que este con obxecto de lucir o xénero branco. Podíase levar asomando pola perneira do pantalón e por enriba da polaina, ou fruncidos e atados cunha fita e remetidos na polaina. Xeralmente cando se levaban polainas tapábanse con elas e cando se levaban medias ían por riba delas. Calzón. É unha prenda de pano negro ou escuro, aberto pola parte externa da perna e con ollais que se cerran con botóns ou cordóns. Na súa parte dianteira podían levar un mandil ou babeiro, peza situada na parte alta. Polainas. Comezaron a aparecer a mediados do século XIX e substituíron ás medias. Podían estar feitas de pano, coiro ou palla. As de pano cerrábanse na parte exterior da perna con numerosos botóns, e tiñan un elástico que, meténdose por baixo do calzado, aseguraba a polaina. Esta soia cubrilo zapato por diante, rematada por un pompón de la negra ou de cor, a xogo cos da monteira. Faixa. Era unha tira de la, con frecos nos extremos, que tiña unha dobre misión; suxeitalos calzóns e preservalo ventre do frío e da humidade. De cores moi variadas, soia atarse lateralmente, deixando colgar os extremos. Monteira. É, seguramente, a máis antiga das prendas da indumentaria masculina. Poden facerse de moi variadas formas e tamaños. Polas terras de Padrón tiña feitura de casquete sen adornos. Polas mariñas eran máis altas e con adornos de veludo. Cara á Maía parecía un sombreiro coa aba cinguida á copa por detrás e polos lados e estendida por diante. No interior de Galicia eran grandes e triangulares e ían adornadas con la de cores.Pañuelo. Moitos homes levaban un pañuelo xeralmente branco de maior tamaño que os correntes das narices, e poñíase pola cabeza, debaixo da monteira ou do sombreiro os días de sol para que non lle fixese dano.
Traxe de media gala de home con monteira |